La objeción de conciencia en el ámbito sanitariofundamentación y limitaciones

  1. Lojo Vicente, Victoria
Dirixida por:
  1. José-Antonio Seoane Director
  2. Carmen Garcimartin Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de marzo de 2023

Tribunal:
  1. María Dolores Cebriá García Presidente/a
  2. María Jesús Movilla Fernández Secretario/a
  3. Antonio Casado da Rocha Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 779174 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O deber de preservar e protexer o dereito do individuo a formar libremente a súa conciencia coñecese como liberdade de conciencia, é unha liberdade fronte ao Estado que os poderes públicos teñen o deber de recoñecer e garantir. A obxección de conciencia presentase como consecuencia dun conflito entre a norma xurídica e algunha norma moral, no que o suxeito é relevado do deber de obediencia. A Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, recoñece o dereito a exercer a obxección de conciencia a todo profesional directamente implicado na interrupción do mesmo. Moito mais recentemente a Ley Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, de regulación da eutanasia tamén recoñece o dereito á obxección de conciencia dos profesionais sanitarios directamente implicados. O obxectivo formulado é intentar dar resposta ás preguntas que xorden e marcan unha forma de actuar da enfermería, e facer visíbeis a importancia das decisións morais das súas actuacións, como axentes morais conscientes, libres e responsables, para non usar a obxección de conciencia de un modo inadecuado, xa que están en xogo os dereitos de outras persoas.