3D printing light-curing acrylic resins with electrical properties based on polianiline and lignin

  1. Arias Ferreiro, Goretti
Dirixida por:
  1. María José Abad López Co-director
  2. Sonia Dopico Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 02 de decembro de 2022

Tribunal:
  1. Celina Raquel Bernal Presidente/a
  2. M. Victoria González-Rodríguez Secretario/a
  3. Mario Culebras Rubio Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 767493 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O avance en impresión 3D, clave para os novos modelos produtivos da Industria 4.0, require materiais de altas prestacións e respectuosos co medio ambiente. A súa aplicación en sensores é especialmente atractiva permitindo, a un custo alcanzable, a integración da electrónica na fabricación. O obxectivo desta tese é desenvolver novas resinas fotocurables con propiedades eléctricas para impresión 3D-DLP. Deseñáronse resinas flexibles baseadas en monómeros de acrilato e nanorecheos; polianilina (PANI), PANI modificada con lignina (PANI/Lignina) ou con nanotubos de carbono (PANI/MWCNT) e lignina organosolv. Realizouse unha caracterización estrutural dos materiais mediante TGA, FTIR, reoloxía, microscopía e análise elemental; prestouse especial atención á compatibilidade matriz/recheo, ás súas propiedades mecánicas e eléctricas (piezocapacitivas e piezorresistivas). A PANI demostrou ser un recheo condutor valioso para resinas condutoras imprimibles fotocurables. A PANI modificada con MWCNT mellorou a condutividade eléctrica das resinas, á conta dunha maior heteroxeneidade. Porén, a lignina, como parte do recheo ou aditivo, mellorou a homoxeneidade, acabado superficial e propiedades eléctricas dos compostos. Finalmente, os prototipos funcionais (sensores impresos) obtidos validaron a reproducibilidade e precisión dos materiais deseñados en condicións reais de uso.