La resistencia de la música al concepto filosófico: una aproximación desde el pensamiento del límite

  1. Martínez Alejos, Omar
Dirixida por:
  1. Alberto Sucasas Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de marzo de 2022

Tribunal:
  1. Patxi Lanceros Méndez Presidente
  2. Gema Vallín Secretario/a
  3. Yolanda Espiña Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 709673 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A literatura do pensamento áchase, neste momento presente, nunha situación abnegada e de profunda crise. Os derradeiros intentos de sistematización desenvolvidos pola tradición ilustrada caracterizan a filosofía na metade dun camiño esgotado, tanto na súa vertente inmanente como na metafísica, sobre todo ante o traxicismo filosófico das últimas décadas. As artes, en consecuencia, exorcizadas sobre todo dende a novela, o ensaio e a música do Romanticismo, parecen terse sumado a un diálogo imposible de ser sometido á crítica, pechando a razón tradicional ao seu uso conceptual e metodolóxico. A proposta filosófica de Eugenio Trías (1942-2013) restablece a vocación metafísica e o afán sistemático da tradición europea. O resultado é un magno edificio conceptual presidido pola noción de límite ¾instancia de separación e de enlace entre o mundo e o trascendente¾ que encamiña expositiva e novedosamente un pensamento que prepara, no século XXI, un novo marco de comprensión para o suxeito, a filosofía e as artes. Nesta investigación empréndese ¾dende a denominada filosofía do límite¾ unha análise da relación visceral que existe entre a filosofía e as artes, especialmente coa música, cuxa representación oriéntase cara ao concepto de «símbolo». Co símbolo plantéxase en primeiro lugar a necesidade de xustificar a natureza significativa e cognoscitiva da creación artística como a actividade que encarna o ser da fronteira (ontoloxía) para poñer de manfiesto a resistencia que de xeito constante ofrece o traballo categorial; aplicar en segundo lugar á música o método seguido pola metafísica dende a súa fundación, a partir de cuxos resultados, intentar complementar ou superar a proposta triasiana en virtude dun discurso unitario e novo, unha proposta que permita retomar o diálogo, o rumbo e orientación dun pensamento universal sobre a música. Finalmente, aplicada á música a noción de límite, achegarase á estética un fecundo campo de investigación, que encontra na filosofía do século XXI un punto ineludible de reflexión. Asístese, en síntese, neste traballo, á reflexión metafísica dun fenómeno que acolle tanto a creadores como a espectadores no seo do límite, isto é, que nos posiciona na delicada fronteira entre «o que pode dicirse e o que debe calarse».