The uses of humor in Native American and Chicano/a culturesan alternative study of their literature, cinema and video games

  1. Barreiro Neira, Tamara
Dirixida por:
  1. Carolina Núñez Puente Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de xaneiro de 2019

Tribunal:
  1. Aitor Ibarrola Armendariz Presidente
  2. José Liste Noya Secretario/a
  3. Silvia Martínez Falquina Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 580683 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os usos do humor nas culturas nativa americana e chicana: un estudo alternativo da súa literatura, filmes e videoxogos Esta tese estuda o rol do humor en textos contemporáneos chicanos e nativos americanos individualmente e de xeito comparativo: dous textos narrativos de Gordon Henry (1994) e Michele Serros (2000), dous poemarios de Natalie Diaz (2012) e David Tomas Martinez (2014), os filmes Quinceañera (2006) e Smoke Signals (1999) e os videoxogos Never Alone (2014) e Guacamelee! (2013). O meu obxectivo é avaliar a importancia da comicidade nas obras de dúas comunidades minorizadas nos Estados Unidos para producir críticas, defender a resiliencia, fomentas as relacións inter-étnicas e dar valor ás súas culturas. O meu marco teórico estará composto polos estudos de humor de Mijail Bajtín, Henri Bergson, Sigmund Freud, Linda Hutcheon e Siro López, entre outros. Ademais, os casos de estudo amosan unha profunda preocupación por temas de etnia, polo que incluirei Estudos multiétnicos e de Literatura comparada e un contexto sociocultural e histórico. Ante a novidades dos Estudos de videoxogos, propoño un sistema de citas para que se poida utilizar no futuro este medio. Agardo que o diálogo entre textos humorísticos de diferentes comunidades en E.E.U.U. alente máis estudos comparados de humor que muden o estereotipos dos grupos étnicos como vítimas pasivas de procesos de asimilación.