Representación de las mujeres deportistas en la prensa deportiva española1893-1923
- Ozámiz Lestón, Itziar de
- Cristina López Villar Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 15 de setembro de 2017
- Beatriz Garai Ibáñez de Elejalde Presidenta
- Marta Bobo-Arce Secretario/a
- María Ángeles Fernández Villarino Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A investigación centrouse en estudar a evolución da imaxe das mulleres deportistas da prensa especializada española desde 1893 a 1923. Con este traballo preténdese recuperar un segmento obviado da Historia visual das mulleres deportistas. Realízase un estudo descritivo que utiliza a análise de contido como técnica central da investigación. A aplicación dun sistema de categorías elaborado ad hoc permite analizar o imaxinario visual das deportistas retratadas nas publicacións estudadas. Os resultados mostran diferenzas entre publicacións e momentos históricos concretos, sendo as tenistas as máis representadas. En canto ás conclusións, no caso das deportistas españolas detéctase un atraso respecto das estranxeiras pero ao mesmo tempo existe unha evolución en varios aspectos como o número de mulleres practicantes e o tipo de prácticas, que vai en aumento. En comparación co tratamento que se fai actualmente das imaxes das deportistas podemos dicir que nos inicios existía un maior respecto cara a elas. Aínda que tamén se atoparon casos de representacións negativas, a maioría son positivas e en accións dinámicas, o que constrúe un imaxinario de mulleres activas.